Presentación proxecto Xaque nas aulas

Lugo

Colexios de Lugo cidade e provincia

Ata setembro de 2011

Informa: Pablo Castro Girona
Círculo Artes Lugo. Escola Luguesa. Asociación Xaquedrum

En castellanoEn galego

Nota de Prensa:

Documento sin título

No salón de actos da Exmo. Diputación de Lugo presentouse Xaque nas aulas, iniciativa que pretende fomentar o xadrez dentro das aulas dos colexios. Na presentación estiveron o vicepresidente da Exmo.Diputación de Lugo , o Concelleiro de Deportes, O Presidente da Escola Luguesa o Xefe Territorial da Delegación de Educación e o presidente da Federación Galega de Xadrez

Foto

Nesta primeira iniciativa, paraticipan 15 colexios. Daranse clases aos cursos de 3º e 4º, e en cada unha das aulas recibirán tres sesións de 50 minutos, e participarán 1100 rapaces nesta iniciativa.

Este proxecto pretende fomentar a práctica do Xadrez nos centros escolares.Levarase a cabo coa coaboración da Diputación de Lugo, Concello de Lugo, O Progreso, Escola Luguesa de Xadrez, FEDA, FEGAXA, Consellería de Educación e coa colaboración Asociación Cultural Xaquedrum, a Asociación Lugo Xadrez 

Foto

O lema da campaña é “xaque nas aulas” e será gratuito para os colexios que participen.

Pretendese un aumento da práctica deportiva e o fomento do Xadrez aos alumnos de 3º e 4º.

O programa ten un carácter integrador ante calquera das dificultades que presente o alumno.

Este proxecto realízase coa idea de crear hábitos físico-deportivos nos alumnos 

Calendario: Ata Setembro do 2011

Localidades: Zona Lugo e Zona Chantada. Lugo, Chantada, Taboada e Monforte.

Nº de cursos: Chantada 2, Taboada 1, Monforte 2 e Lugo e arredores 10.

Perfil usuarios: A alumnos de 3º e 4º de Primaria.

Nº de alumnos participantes:
Máis de 1100

Organiza:
Escola Luguesa de Xadrez e Asociación Cultural Xaquedrum.

Patrocinadores:
Diputación de Lugo, Concellería de Deportes, Delegación de Educación,.FEGAXA e FEDA.

Colaboran: Concellería de Educación e Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Actividades paralelas:

Domingo 27 de Marzo, simultáneas de Quique Setién con escolares lucenses.

Venres 8 de Abril o GM Iván Salgado (subcampión mundial Sub 18) visitará Lugo e promoverá o xadrez nun dos colexios da cidade.

G.M Iván Salgado

Ano 2008:

Campión do XXXI Open Internacional de San Sebastián.

Campión de España sub-18.

Ano 2009:

Subcampión de España co Club Xadrez Marcote.

Primeiro clasificado no III Festival Internacional Ruy López celebrado en Zafra (Badaxoz) os días 20 e 21 de Xuño 2009.

Clasificado na 6º posición no Europeo coa Selección Española Absoluta (primeira participación).

Subcampión do Mundo sub-18.

Ano 2010:

9º clasificado no Campionato de Europa Individual (isto implica estar clasificado para a vindeira Copa do Mundo).

Campión do Open de Vecindario (Gran Canaria)

Campión de España de División de Honra co equipo Kasparov-Marcote.

2º Clasificado no torneo pechado "Casino de Barcelona".

Galardoado co premio "Mellor deportista revelación" da editorial Chessy