I Torneo Cidade de Lugo

Lugo

Sala multiusos da nave de asociacións, parque de Frigsa

13, 14, 20, 21, 27 e 28 de novembro | Resultados

Informa: Pablo Castro Girona Círculo Artes Lugo | ChessResults

En castellanoEn galego

Bases:

CartelSala de xogo: Sala multiusos da nave de asociacións, no parque de Frigsa.

Ritmo de xogo: 90 minutos por xogador + 30 segundos de incremento por xogada.

O torneo disputarase a diario polo sistema suízo a 8 roldas, e será válido para a obtención de elo FIDE

1ª rolda: 13 de novembro ás 10:00 horas
2ª rolda: 13 de novembro ás 17:00 horas
3ª rolda: 14 de novembro ás 17:00 horas
4ª rolda: 20 de novembro ás 10:00 horas
5ª rolda: 20 de novembro ás 17:00 horas
6ª rolda: 21 de novembro ás 17:00 horas
7ª rolda: 27 de novembro ás 17:00 horas
8ª rolda: 28 de novembro ás 16:00 horas

Para realizar os emparellamentos empregarase o programa Swiss Manager, aos cales non se poderá reclamar.

Byes: Pódense pedir 3 byes (de medio punto cada un) ata a quinta rolda (incluída), deberanse solicitar vía e-mail á dirección xaquedrum@gmail.com ou por escrito na sala de xogo.

Inscrición:

Escola Luguesa de Xadrez e Asociación Cultural Xaquedrum.

Correo electrónico: xaquedrum@gmail.com

Teléfono: 657 974 937 (de 16 horas a 20 horas)

Custo inscrición:

20 euros a ingresar no número de conta: 2091-0101-12-3000550685, débese indicar nº DNI e nome e apelidos.

Todo participante no torneo que non ingrese a inscrición antes do 11 de novembro non será emparellado.

Permítese un tempo de demora de 60 minutos con respecto á hora de inicio de rolda; transcorrido o cal si un xogador non está presente perderá a partida.

Todo xogador que non se presente a unha rolda sen causa xustificada será eliminado do torneo.

Premios non acumulables e o xogador recibirá o de maior cuantía. Os premios estarán sometidos á retención fiscal correspondente.

Todos os xogadores deberán estar federados na FEDA, non se admitirá no torneo a ningún xogador que non estea federado.

Antes do inicio da primeira rolda publicaranse as ordes de forza ordenados por ELO FIDE, si non tivese elo FIDE considerarase o FEDA como FIDE a efectos de orde de forza inicial.

Empregásese o programa Swiss Manager para realizar os emparellamentos, aos cales non poder reclamar.

As decisións do árbitro poderanse reclamar a un comité. O comité estará formado polo director do torneo e por dous xogadores titulares e dous reservas.

Non se permitirán análise na sala de xogo.

Recoméndase aos participantes a notificación a algún árbitro cando, por razón xustificada abandonen a sala de xogo no transcurso da súa partida

Premios:

Xeral
1º 450 €
2º 275 €
3º 225 €
4º 200 €
5º ao 8 100€

Elo <1800
1º 90 €
2º 60 €
3º 40 €

Sen Elo FIDE
1º 90 €
2º 60 €
3º 40 €

Escola Luguesa
1º 90 €
2º 60 €
3º 40 €

Categoría feminina
1º 90 €
2º 60 €
3º 40 €

A participación no Torneo supón a aceptación destas bases


Organización, Patrocinios e Colaboradores:

Organizan Patrocinan Colaboran