Galicia/Galiza
Galicia

Conferencia Xadrez Formación. Xaquedrum

Lugo

Nave de Asociacións. Frigsa

Sábado, 28 de xaneiro de 2012

Informa: Asociación Xaquedrum Lugo | Web

En castellanoEn galego

Nota de Prensa:

Conferencia do GM Kamil Milton e do GM Marcin Jozeff

Diferentes formas de xogar a siciliana

GM Kamil Milton
GM Kamil Milton

A asociación Cultural Xaquedrum, a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o Círculo das Artes e a Concellería de Educación organizarán o sábado 28 de xaneiro ás 12 horas na nave de Asociacións unha conferencia do GM Polaco Kamil Milton e do GM Marcin Jozef sobre as formas de poder xogar a variante siciliana.

Estes dous xogadores son Grandes Mestres e son dos mellores xogadores de Polonia, xogan no Círculo De Las Artes. Kamil Milton na categoría Sub 12 quedou Campión do mundo e ten un elo de 2625.

Esta conferencia é a segunda das conferencias do ciclo de conferencias Xadrez Formación que organiza Xaquedrum no ano 2012. Neste ciclo participarán especialistas en diferentes campos do xadrez e téñense previstas seis conferencias durante todo o ano.

Esta conferencia está dirixida a xogadores con experiencia en competicións de partidas a ritmo lento.

A conferencia será sobre Diferentes formas de enfrontarse á siciliana e será traducida por Rubén Vázquez, xogador do Círculo das Artes.

Ao remate da conferencia Kamil Milton xogará partidas rápidas cos participantes na conferencia.

Pablo Castro Girona
Asociación Cultural Xaquedrum


Organiza:

Asociación Xaquedrum. Lugo
http://xaquedrum.es/

 

TablaDeFlandes