Presentación Programa Xadrelia

Lugo

Varios lugares

Venres, 27 de abril de 2012

Informa: Asociación Xaquedrum Lugo | Web

En castellanoEn galego

Nota de Prensa:

Nota Prensa

Presentación Programa Xadrelia

XadreliaMañá ás 16:00 horas presentarase no Hospital HULA o programa Xadrelia que levará a cabo Xaquedrum. Xadrelia é un proxecto de dinamización social a través do xadrez, é patrocinado polo Programa 'La juventud en acción' da Comunidade Europea, a Axencia Nacional Española, Sogama, a Concellería de Educación, Telelugo e El Progreso

Para tal fin, levarase a cabo unha exhibición de xadrez que consistirá nunha simultánea de xadrez dada polo GM Iván Salgado que xogará contra 15 opoñentes á vez.

Tamén estará presente Ramón Padullés, Secretario Xeral da Federación Española de Xadrez que coñecerá de primeira man os programas de Xaque nas Aulas e Xadrelia.

Ao mesmo tempo, Xaquedrum e a Escola Luguesa de Xadrez ten organizado unha serie de actos co GM Iván Salgado -actual Campión Iberoamericano de Xadrez e membro do equipo olímpico español-co fin de promover o xadrez en Lugo.

Horario de actividades:

10:30 a 10:50 Exhibición no Colexio Maristas.
11:15 a 12:15 Exhibición no Colexio Público Manuel Mallo Mallo -Nadela
16:00 a 18:00 Presentación XADRELIA. Simultáneas de xadrez.
19:30 a 21:00 Conferencia de GM Iván Salgado no local de Xaquedrum. Ciclo de conferencias Xadrez Formación.
23 horas Torneo de rápìdas no Círculo das Artes.

XADRELIA

É un proxecto de dinamización social a través do xadrez. Imos actuar na seguintes área:

Exclusión Social: Imos utilizar o xadrez como unha ferramenta pedagóxica con entidades que traballan con rapaces en exclusión social ou con risco de exclusión social. E preténdense que se acaben involucrando activamente no proxecto.

Asistencia hospitalaria: Pretendemos traballar coa área de pediatría do Hospital HULA para facer máis levadeira a estanza dos mozos no hospital.

Medio: Realizaremos unha campaña que promova o reciclado entre os participantes de XADRELIA e Xaquedrum.

Voluntariado: Traballaremos por promoción do voluntariado xuvenil e a súa participación activa en XADRELIA

Patrocinadores:

As entidades que fan posible a realización de Xadrelia son:

· Asociación Cultural Xaquedrum
· Sogama
· Comunidade Europea. Programa 'La juventud en acción'.
· Axencia Nacional Española.
· Concellería de Educación
· El Progreso
· Telelugo
· FEDA
· FEGAXA

Obxectivos:

Fomentar a participación activa dos mozos,
Fomentar o voluntariado e en especial o xuvenil,
Fomentar o xadrez como unha ferramenta social,
Fomentar as actividades de ocio educativo entre os mozos, Fomentar o xadrez,
Fomentar as capacidades e inquietudes dos participantes,
Fomentar a participación de mozos en exclusión social,
Fomentar a sensibilidade cara á reciclaxe e os valores ambientais.

Pablo Castro Girona
Asociación Cultural Xaquedrum


Organiza:

Asociación Xaquedrum. Lugo
http://xaquedrum.es/

 

TablaDeFlandes