IX Torneo Cidade de Viveiro

Viveiro - Lugo

Casino de Viveiro. Avda. Ramón Canosa

1 e 2 de agosto de 2009 | Resultados

Informa: Emilio González

En españolEn galego

 

1º. O torneo disputarase a 8 roldas polo sistema suízo os días 1 e 2 de agosto de 2009.
O local de xogo será O Casino de Viveiro sito en Avda. Ramón Canosa.

2º. A duración das partidas será de 25 minutos por xogador.

3º. Establecerase un límite de 80 xogadores que serán admitidos por orde de inscrición, a organización reservase o dereito de aumentar o número de prazas.

4º. O importe da inscrición será de 12 € para os maiores de 18 anos, e de 3 € para os menores de 18 anos.

A inscrición será gratuita para os socios do Casino e para os xogadores cunha puntuación ELO superior aos 2350 puntos.

A inscrición poderá formalizarse chamando aos Teléfonos.- 982 560394, 608 414485, ou directamente na Casa da Xuventude de Viveiro. Avda, Cervantes s/n, en horario de 16 a 22 horas de luns a venres. O prazo para inscribirse rematará o día 31 de Xullo ás 20 horas

A organización reservase o dereito de aceptar inscricións en calquera momento e non incluír na 1ª rolda a xogadores inscritos fora de prazo ou que non abonaran a taxa de inscrición.

Poderase abonar os dereitos de inscrición en calquera das sucursais de CAIXANOVA no nº de conta : 2080/0187/010040006398.

No suposto de ter dificultades para abonar a inscrición, esta poderase facer efectiva ata unha hora antes do comezo do Torneo, nas instalacións do Casino de Viveiro , sempre que xa se estivera inscrito antes do 31 de xullo.

5º. O comezo do torneo será ás 15:45 horas do sábado dia 1 de Agosto, de acordo co seguinte horario :

1ª rolda día 1 de Agosto ás 15:45 horas
2ª rolda día 1 de Agosto ás 17:00 horas
3ª rolda día 1 de Agosto ás 18:00 horas
4ª rolda día 1 de Agosto ás 19:00 horas
5ª rolda día 2 de Agosto ás 16:00 horas
6ª rolda día 2 de Agosto ás 17:00 horas
7ª rolda día 2 de Agosto ás 18:00 horas
8ª rolda día 2 de Agosto ás 19:00 horas

Entrega de premios o día 2 de Agosto de 2009 ás 20:30 horas

6º. Repartiranse premios por un valor de 2.000 € , distribuídos da seguinte forma :

1º Clasificado 450 € e Trofeo
2º Clasificado 300 € e Trofeo
3º Clasificado 200 € e Trofeo
4º Clasificado 100 €
5º Clasificado 90 €
6º Clasificado 80 €
7º Clasificado 70 €
8º Clasificado 60 €
9º Clasificado 50 €
10º Clasificado 50 €
11º Clasificado 50 €
12º Clasificado 50 €
13º Clasificado 50 €
14º Clasificado 50 €
15º Clasificado 50 €

Premios Participantes da MARIÑA
1º Clasificado 50 € e Trofeo
2º Clasificado 40 € e Trofeo
3º Clasificado 20 € e Trofeo
4º Clasificado 10 €

Premios Participantes SUB 18
1º Clasificado 50 € e Trofeo
2º Clasificado. 40 € e Trofeo
3º Clasificado 20 € e Trofeo
4º Clasificado 10 €

Premios Participantes SUB 12
1º Clasificado 30 € e Trofeo
2º Clasificado 20 € e Trofeo
3º Clasificado 10 € e Trofeo
4º ao 13 º Clasificado Medallas

Os premios non serán acumulativos, no caso de concorrer un xogador a varios premios, entregaráselle o de maior contía, ou mellor nivel.
Os xogadores que xogan na Liga da Mariña podran optar aos premios da Mariña

7º. No caso de haber empates, empregaranse os métodos de desempate seguintes e por esta orde :

Bucholz
Sonnenborg-Berger
Bucholz medio
Nº de victorias
Resultado particular
Cor do enfrontamento entre ámbolos dous.
Sorteo

8º. A vixente lei do xadrez da FIDE, e as presentes bases, rexerán a marcha do torneo.

9º. O comité de apelación estará integrado por un representante da organización, e o equipo arbitral, os cales serán os encargados de resolver calquera incidente.

10º. A imcomparecencia a duas partidas consecutivas ou non, darán lugar á descalificación do torneo.
A organización reservase o dereito de proceder así mesmo a retirada do torneo de xogadores ausentes na 1º rolda ou na 6ª rolda.

11º. Queda prohibido fumar no local de xogo.

12º. Cada participante virá provisto de D.N.I , e resgardo de pago de inscrición.

13º. A inscrición no IX Torneo de Xadrez "Cidade de Viveiro" ,implica a aceptación das presentes bases.


Organizan:

Logo

Logo
Club de Xadrez Viveiro

Patrocinan:

Logo
Excelentísimo Concello de Viveiro

Colaboran:

Casino de Viveiro

Grupo Futures