Galicia - Galiza
Galicia

Torneo Virxe do Rosario de Xadrez

A Coruña

Salóns do Sporting Club Casino

6 de outubro de 2012

Informa: Asociación Galega de Axedrecistas A Coruña | Web | Novo Web

Final

Torneo Virxe do Rosario de Xadrez. Coruña 2012

Un ano mais celebrouse o Torneo Virxe do Rosario de Xadrez que tivo como campión ao Gran Mestre Aleksa Strikovic nunha proba disputada na Sala de Cultura do Sporting Club Casino da Coruña.

Torneo Virxe do Rosario de Xadrez. Coruña 2012

Grazas ao apoio do Servizo  Municipal de Deportes do Concello da Coruña a proba deste ano foi a de mais nivel das celebradas ata agora e unha das de maior participación.

Como en ocasións anteriores a proba tivo como centro un torneo de partidas semirrápidas e foi pechada por outro de rápidas. O podium de ambos torneos foi o mesmo, pero variando os postos o segundo e terceiro clasificado, Walter López e Luis Medarde, que foi o mellor sub18 de xeito moi destacado.

Aleksa Strikovic
Aleksa Strikovic

Torneo 15 minutos.
Campión: Aleksa Strikovic
Subcampión: Walter López
Terceiro Clasificado: Luis Medarde
Cuarto Clasificado: Fernando Sánchez
Quinto Clasificado: Jorge Rodríguez

Mellor Sub18: Luis Medarde (3º)
(O trofeo correspondeulle dada a boa participación dos mellores sub18 e sub14 a Guillermo Rodríguez)
Mellor Sub14: Diego Bugliot (12º)

Torneo 5 minutos

Campión: Aleksa Strikovic
Subcampión:  Luis Medarde
Terceiro Clasificado: Walter López

Información completa en www.xadrecista.eu

Nota Previa:

Un ano mais a temporada da Asociación Galega de Axedrecistas (AGAX) escomeza co Torneo Virxe do Rosario de Xadrez.

A proba nesta ocasión terá lugar o vindeiro sábado, día 6, nos Salóns do Sporting Club Casino.

Coma en ocasións anteriores haberá un torneo a 15 minutos desenvolto de 17,00 a 19,00 e a continuación outro de partidas rápidas.

A inscripción e de balde.

Está prevista a entrega de premios e trofeos para as 20,30 horas.

Premios

1º Clasificado do Torneo de 15 minutos: Trofeo e 70 euros

2º Clasificado do Torneo de 15 minutos: Trofeo e 60 euros

3º Clasificado do Torneo de 15 minutos: Trofeo e 50 euros

4º Clasificado do Torneo de 15 minutos: 40 euros

5º Clasificado do Torneo de 15 minutos: 30 euros

1º Clasificado do Torneo de Rápidas: Trofeo

1º Clasificado Sub 18 do Torneo de 15 minutos: Trofeo

1º Clasificado Sub 14 do Torneo de 15 minutos: Trofeo

Entre os que participasen nas dúas probas e non obtivesen ningún dos premios haberá un sorteo de 4 premios de 10 euros e todos recibirán un agasallo pola súa participación.

Como queda dito non hai cota de inscripción e a mesma pode formalizarse no email correo@agax.org ou no teléfono 648 68 34 68, operativo de 11,00 a 19,00

Asociación Galega de Axedrecistas
http://www.agax.org/

Organiza:

Asociación Galega de Axedrecistas

http://www.xadrecista.blogspot.com.es/
http://www.agax.org/

 

TablaDeFlandes