Galicia/Galiza
Galicia

IX Torneo de Xadrez Concello de A Guarda

A Guarda - Pontevedra

Salón de actividades da “SOCIEDADE RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS”
Rúa Puerto Rico, 12 A Guarda (fronte ao Antigo Colexio Rodríguez Sinde)

Sábado día 16 de Maio do 2009

Informa: Daniel Lomba Club/Escola de Xadrez Albatros
WEB + Info
| Galería Fotos (Xadrez Albatros)

En españolEn galego

Final:

O pasado sábado 16 de maio celebrouse a novena edición do Torneo de Xadrez Concello de A Guarda, xogadores de tódalas idades e niveis, e das catro provincias galegas e un ano máis supuxo unha festa do xadrez na Guarda. 

Antes de presentarvos os resultados, manifestar o máis sinceiro agradecemento ós máis de cen  xogadores que remataron a Competición e  ós acompañantes de tódolos rapaces que xunto con tódolos colaboradores da organización, nos axudan a converter o noso Torneo nunha festa, máis alá da mera competición. 

A categoría Pre-benxamín foi dominada por Mireya Represa Pérez (Club de Xadrez Laroca de Nigrán), Ismael Aguirre Álvarez (Club de Xadrez Fleming de Vigo), o podium pechouno Mateo Vilaplana Baz (Club de Xadrez Albatros de A Guarda). Fóra del, e como Mellor xogador Local,  quedou Elsa Pena Vicente. 

Foto

Os Benxamíns tamén tiveron o seu claro dominador en Daniel Lomba González (Club de Xadrez Albatros de A Guarda). Na segunda plaza Xabier Fandiño Piñeiro (Club de Xadrez Santiago Apóstol de Ponteareas), e completando o podium Pablo Fernández Cagigas (Escola Provincial de Xadrez de Vigo). Antía Mouriño Lomba, fíxose co trofeo de Mellor xogador Local.

O Campionato na categoría Alevín foi para Roberto González Rodríguez (Club de Xadrez Albatros de A Guarda), segunda posición para Anxo Rodríguez Álvarez (Escola de Xadrez de Ponteareas) e na terceira posición Sabela Mouriño Lomba (Club de Xadrez Albatros de A Guarda). Sergio González Correa, fíxose co título de Mellor xogador Local.

A categoría infantil, foi dominada por completo por Sergio Lomba González (Club de Xadrez Albatros de A Guarda). Na segunda plaza situouse Manuel Enríquez Pardo (Club de Xadrez Vila de Bouzas de Vigo), e na terceira Antonio Castro Alonso (Club de Xadrez Albatros de A Guarda). Guillermo Verde Santiago, fíxose co título de Mellor xogador Local.

O campión da Categoría Absoluta foi Samuel Villar Pérez (Club de Xadrez Universidade de Vigo), segunda posición para Manuel Enrique Outerelo Ucha (Club de Xadrez Marcote Mondariz-Balneario), Philip Adams (Club de Xadrez Universidade de Vigo) pechou o podium. Como Mellor xogador Local Alfonso Lorenzo Iglesias.

Foto

A cerimonia de entrega de Trofeos e Agasallos, estivo presidida por D. Jose Manuel Domínguez Freitas, Alcalde do Concello da Guarda, D. Manuel Javier Crespo González Concellal de Deportes do Concello da Guarda, D. Antonio Lomba Lomba Concellal de Cultura do Concello da Guarda D. Anselmo Martínez Pena Presidente da Sociedad Recreo Artístico Guardés, D. Miguel Reboredo Otero, Presidente do Club de Xadrez ACD Albatros, e Dna. Naír Rodríguez Rodríguez, Tesoureira do Club de Xadrez ACD Albatros. Agradecemos dende aquí o apoio recibido coa súa presencia na cerimonia de clausura do Torneo.

Finalmente, agradecer a tódolos patrocinadores e colaboradores que nos apoiaron este ano, proporcionando os recursos económicos, os agasallos e apoio loxístico necesario para levar a cabo unha actividade coma esta. Tamén facer una mención especial a tódolos xogadores da Escola de Xadrez Albatros, que colaboraron na montaxe e realización do Torneo. No nome de Rafael Alonso Gómez (Árbitro da Categoría Absoluta) e no meu, Daniel Lomba Alonso (Arbitro das Categorías Base), agradecervos a vosa participación. Un saúdo moi cordial para todos.

Ligazóns a Clasificacións Finais:

Pre-Benxamín | Alevín | Infantil | Absoluto
Crónica e Fotos en XadrezAlbatros.com

 

Daniel Lomba Alonso
http://www.xadrezalbatros.com

Bases:

PARTICIPACIÓN

A participación é libre, acéptase a calquera xogador independentemente do seu nivel de xogo, afeccionado ou federado, non é preciso estar afiliado á FEDA ou á FIDE. O único que se terá en conta é o ELO que acredite ao xogador de cara á confección das listaxes.

CATEGORÍAS

PRE-BENXAMÍN SUB-8 Nados no 2001 e posteriores
BENXAMÍN SUB-10 Nados no 1999 e 2000
ALEVÍN SUB-12 Nados no 1997 e 1998
INFANTIL SUB-14 Nados no 1095 e 1996
ABSOLUTA   Nados no ano 1994 e anteriores

LUGAR DE CELEBRACIÓN

O Sábado día 16 de Maio do 2008, no salón de actividades da “SOCIEDADE RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS” r./Puerto Rico, 12 A Guarda (Pontevedra)(fronte ao Antigo Colexio Rodríguez Sinde)

HORARIOS

10:00  h Presentación do torneo 
10:30 h           1º Rolda 
11:30 h           2º Rolda 
12:30 h           3º Rolda  
16:00 h           4º Rolda 
17:00 h           5º Rolda 
18:30 h           6º Rolda 
19:30 h           7º Rolda 
20:45 h Cerimonia de clausura do Torneo, coa entrega de Agasallos, Trofeos e Premios. 

INSCRICIÓNS

Na Cafetería Albatros. Hotel Bruselas R/Ourense, 7. A Guarda (Pontevedra) Teléfono-Fax: 986 611 121
A través do e-mail do Club de Xadrez Albatros : xadrezalbatros@xadrezalbatros.com
Tódalas inscricións serán confirmadas a través de e-mail.
Capacidade limitada a 140 xogadores.
Inscrición gratuita
Data límite o 12/05/08 ou ata completar capacidade.

SISTEMA DE XOGO

Sistema Suizo (a través de programa informático) a 7 roldas con 25 minutos por xogador. O sistema de desempate será nesta orde: bucholz mediano, bucholz e progresivo. Non se aceptarán reclamacións de roldas previas, unha vez estea en disputa á rolda presente.

TROFEOS E PREMIOS

Tódolos rapaces asistentes ao Torneo obterán un pequeno obsequio ao remate do mesmo, ademais repartiranse diversos agasallos ao longo da competición. Para os gañadores de cada categoría:

 PRE-BENXAMÍN  SUB-8 1º Clasificado: Trofeo
2º Clasificado: Trofeo
3º Clasificado: Trofeo
Mellor xogador Albatros: Trofeo
 BENXAMÍN  SUB-10 1º Clasificado: Trofeo
2º Clasificado: Trofeo
3º Clasificado: Trofeo
Mellor xogador Albatros: Trofeo
 ALEVÍN  SUB-12 1º Clasificado: Trofeo
2º Clasificado: Trofeo
3º Clasificado: Trofeo
Mellor xogador Albatros: Trofeo
 INFANTIL  SUB-14 1º Clasificado: Trofeo
2º Clasificado: Trofeo
3º Clasificado: Trofeo
Mellor xogador Albatros: Trofeo
  ABSOLUTA   1º Clasificado: 100€ + Trofeo
2º Clasificado: 70€ + Trofeo
3º Clasificado: 50€ + Trofeo
4º Clasificado: 40€
5º Clasificado: 30€
6º Clasificado: 20€
7º Clasificado: 10€
Mellor xogador Albatros: 30€ + Trofeo

Os premios e Trofeos non serán acumulables.

HOSPEDAXE

Hotel Bruselas, acordouse o seguinte listado de prezos:

Habitación INDIVIDUAL
15€
Habitación DOBRE
30€

Contacto e reservas no Hotel Bruselas. O prezo inclúe almorzo (Café con leite e bollería). R/Ourense, 7. A Guarda (Pontevedra). Tlf: 986 611 121
Data límite para reserva 15/05/08

ORGANIZACIÓN 

Asociación Cultural-Deportiva Albatros (A Guarda)

A Organización resérvase o dereito de facer calquera modificación das bases debido a calquera eventualidade que xurda ó respecto, só tendo a obriga de poñela en coñecemento dos participantes de modo directo ou a través da web www.xadrezalbatros.com

Organiza:

Foto
Club/Escola de Xadrez A Guarda

Web Oficial/Máis info:

http://www.xadrezalbatros.com/

 

TablaDeFlandes