Galicia/Galiza
Galicia

XVI Memorial Adolfo Pedrido
II Torneo Internacional de Xadrez Activo Memorial Adolfo Pedrido

Vilagarcía de Arousa - Pontevedra

Sede do Liceo Casino de Vilagarcía. Rúa Castelao nº5. Vilagarcía de Arousa

20 e 21 de setembro de 2008

Informa: Julio Torrado Quintela | Resultados
Club de Xadrez Fontecarmoa

En españolEn galego

Bases:

CartelO torneo disputarase á distancia de nove roldas, cun ritmo de xogo nas partidas de 25 minutos/xogador, a finish.

O emparellamento será informatizado, polo que non se admitirá ningunha reclamación neste senso (agás erro na introdución manual de datos).

Ao finalizar a última rolda sortearase a orde dos sistemas de desempates entre os seguintes tres: Bucholz total, Progresivo (según cálculo do programa informático), nº de vitorias.

O torneo rexirase baixo a normativa da FIDE para partidas semirrápidas.

A organización resérvase o dereito de admisión. Exigirase aos participantes unha axeitada presenza na sala de xogo e na cerimonia de clausura (non se admitirán xogadores en chancas, bañador, camisetas de asa,…)

Lugar de xogo:

Sede do Liceo Casino de Vilagarcía – Rúa Castelao nº5.
Vilagarcía de Arousa – Pontevedra.

Calendario de xogo:

Sábado 20 de setembro:
            - 10.30h: presentación e confirmación de xogadores
            - 11.00 h: 1º rolda
            - 12.15 h: 2ª rolda

            - 16.00h: 3ª rolda
            - 17.15h: 4ª rolda
            - 18.30h: 5ª rolda
            - 19.45h: 6ª rolda

Domingo 21 de setembro:
            - 10.00h: 7ª rolda
            - 11.15h: 8ª rolda
            - 12.30h: 9ª rolda
            - 14.00h: clausura e entrega de premios

Inscricións:

Nas instalacións do Liceo Casino de Vilagarcía, na rúa Castelao nº5.
Fax: 986 502 875, indicando específicamente “inscrición Memorial Adolfo Pedrido semirrápidas, xunto ó nome completo e clube.”
Teléfono: 626 703 527 (Julio)
e-mail (preferentemente):  cxfontecarmoa@hotmail.com

Cota de inscrición: 10 euros.
O xogador que non aboe a súa cota de inscrición antes da 3ª rolda quedará automáticamente expulsado do torneo.

Exencións da cota de inscrición:
Socios/as do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa.
Socios/as da Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía de Arousa.
Xogadores/as federados en clubs de Vilagarcía de Arousa.
Xogadores/as con ELO igual ou superior a 2300 FIDE (lista de xullo 08)
Xogadores nados no ano 1943 ou anteriores.
Data límite de inscrición día 18 de setembro de 2008 ás 20.00h.

Premios do torneo

Premios xerais:
1º.- 750€         Premio Concello de Vilagarcía de Arousa
2º.- 500€         Premio Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa
3º.- 300€         Premio Caixa Galicia
4º.- 200€
5º.- 150€
6º.- 100€
7º.- 90€
8º.- 80€
9º.- 70€
10º.- 60€

Premios sub2300
1º.- 200€
2º.- 150€
3º.- 100€
4º.- 90€

Premios sub2000 / Sen ELO

1º.- 180€
2º.- 130€
3º.- 90€
4º.- 80€

Premios Locais Zona Aberta Vilagarcía de Arousa
1º.- 100€
2º.- 80€

Para recoller o premio é imprescindible estar presente na cerimonia de clausura.
Os premios non son acumulativos, no caso de obterse dous (ou máis) premios adxudicarase o maior deles. Se os importes dos premios foran iguais rexeránse pola seguinte orde: 1º premio xeral; 2º premios das franxas ELO; 3º xogadores/as locais.


Organización:

LogoLogoLogo

 

TablaDeFlandes