Galicia/Galiza
Galicia

XVIII Memorial Adolfo Pedrido
Torneo Internacional

Vilagarcía de Arousa - Pontevedra

Pavillón deportivo da Rúa Castelao, 13 – Vilagarcía de Arousa

Domingo 19 de setembro de 2010 | Resultados

Informa: Anxo Vilas Club Xadrez Fontecarmoa Web

En españolEn galego

Bases:

Data: Domingo, 19 de setembro de 2010.

Lugar de xogo: Sede Liceo Casino de Vilagarcía Rúa Castelao, 5.

Horario:

10:30 h.                Presentación
11:00 h.                1ª Rolda
12:00 h.                2ª Rolda
13:00 h.                3ª Rolda
16:00 h.                4ª Rolda
17:00 h.                5ª Rolda
18:00 h.                6ª Rolda
19:00 h.                7ª Rolda
20:00 h.                Acto de Clausura e Entrega de Premios

Sistema de xogo: Suízo a 7 Roldas 20 min. + 5” por xogador 

Inscricións:  

Ata o 16 de setembro. Non se admitirán inscricións pasada esta data.
cxfontecarmoa@hotmail.com   Teléfono: 610 77 03 61 – José A. de Santiago

Participantes: Ata un máximo de 100 xogadores admitidos por orde de inscrición.

Desempates: Ao rematar a derradeira Rolda sortearase a orde de desempates: Buchholz total, Progresivo ata as últimas consecuencias e número de vitorias. As partidas non disputadas computarán como táboas contra se mesmo para os efectos de Buchholz.

Byes: Permítense dous byes sen puntos solicitados antes da primeira Rolda.

Xogadas ilegais: Dúas xogadas ilegais supoñerán a perda da partida. Non se incrementarán tempos por xogadas ilegais.

Inicio das partidas: Á hora indicada para o inicio da sesión, poñeranse en marcha os reloxos dos xogadores que teñen as pezas brancas. O tempo permitido de atraso é ata a caída de bandeira.

Director delo Torneo: Angel Francisco Vilas Fernández

Arbitro principal: Evaristo Rodríguez López

Premios:

1º. Un fin de semana no Pazo de Lestrove + 150 €
2 º. Un fin de semana no Pazo de Lestrove + 100 €
3º. 100 €
4 º. 100 €

Sub 2000
  
1º Un fin de semana no Pazo de Lestrove
2º Un xogo de maletas Vodafone

Para recoller o premio, é imprescindible estar presente na cerimonia de clausura

A Organización resérvase o dereito de admisión.

Esixirase aos participantes unha axeitada presenza na sala de xogo e na cerimonia de clausura (non se admitirán xogadores en chanclas, bañador, pantalóns curtos, camisetas de asas...)


Organizan:

Logos

 

TablaDeFlandes