Galicia/Galiza
Galicia

Torneo Chantada

Chantada - Lugo

Parque Campo Vello da Feira. Chantada

7 de agosto de 2010

TORNEO DO III CIRCUÍTO GALICIA CENTRAL

Informa: Anxo Boán Circulo Chantadino Web

En castellanoEn galego

Final :

Foto

Onte sete de agosto, Organizado polo CIRCULO CHANTADINO DE XADREZ, seguindo as bases xerais do Galicia Central,  celebrouse en Chantada a 5ª etapa  do III Torneo Galicia Central, con 69 participantes, que iguala o record de participación nesta vila  do V Open de Xadrez  de Galicia Central celebrado en Xaneiro do 2009  e a pasada edición de 2009 co galo das Festa do Carme de Chantada.

Foto

O éxito obtido supera todas as expectativas de participación, tendo en conta que o torneo coincidía co CIRCUITO GALEGO na edicción de Cambados e co Memorial Mestre Alfredo de Celanova,  coa ausencia dos clubes de Celanova, e da Escola de Xadrez de Pontevedra de acostumbrada participación nos torneos chantadinos

Foto

O concello, e  a Comisión de Festas de Chantada, e a mesma organización de Galicia Central patrocinaron este torneo. A Organización doou as acostumadas medallas que ao terceiro clasificado, segundo clasificado e campión e campioa de cada categoría se corresponden con cada etapa do Torneo. A organización das festas, que inclúe o xadrez no seu programa, doou un trofeo para o primeiro clasificado de cada categoría, unha camiseta para cada participante conmemorativo das festas do Carme, bebidas e refrescos, e unha medalla conmemorativa do torneo a cada participante.-

Foto

O torneo disputouse en forma de Sistema suízo con seis quendas, a 15 minutos para cada xogador:

Na categoría absoluta o triunfo foi para o lalinense J. Jesús Sainz, con cinco puntos e medio, tendo que conformarse o mellor xogador do Circulo Chantadino, Pedro Guitián Vázquez co segundo posto a medio punto do campión. O terceiro posto foi para Lorenzo Durán do Liceo Caixa Postal e a campioa foi a Bilbaina Ha¡zeia Doboranbaran-
 
Na categoría Sub-18,  o Campión foi José Ramón Pardo Gómez, quen  a  pasada tempada xogou cos  Franciscanos de Lugo e que neste torneo faino co clube anfitrión, con quen posiblemente fichará para a próxima tempada.-  O segundo posto foi para Eloy Sixto do clube Gallecia, e o terceiro posto para Adrián Espiña de Lalín. A Campioa igual ca o Campión tamén foi  do Circulo Chantadino, Ana Doval Fernández 

Na categoría sub 14 o Campión foi Alexandre Rodríguez, do grupo Bazán de Ferrol, o segundo posto para o Lalinense Martín Saa, mentras o terceiro posto para Juán Carlos Pardo Gómez,  do Circulo Chantadino.- A Campioa, foi a xogadora do Circulo Chantadino Alicia Xu.-
 
Na categoría sub 12 despois de seis partidas xogadas, e táboas entre eles, os Chantadinos Lionel Salgado Rigueira e Alberto Perez Sánchez acabaron con 5,5 puntos cada un e empatados a todos os sistemas de desempate normais, polo que excepcionalmente xogaron unha partida de desempate entre eles.- O Campión  na partida de desempate foi  Alberto Perez, sendo que Lionel  Salgado tivo que conformarse co Subcampionato. O terceiro posto foi para  o lalinense  Antonio Diéguez, e a Campioa Sara Espiña tamén de Lalín.-
 
Na categoría Sub 10 o podio foi monocor do Circulo Chantadino.- O campión foi Lucas Ledo, do Circulo Chantadino, o segundo clasificado Josif Baciu, tamén do Circulo Chantadino, e o tercero clasificado Alejandro Fernández López,  igualmente do Circulo Chantadino.- A campioa, foi a Chantadina  Daría Pérez.-
 
Na categoría sub 8.- O campión foi Alex Crespo de Lalín, o subcampión Daniel Rodríguez do Circulo Chantadino, e o terceiro posto para Xavier Vázquez Curiel  igualmente do Circulo Chantadino.-

Foto

En resumo: A exquisita canteira  do Circulo Chantadino, denota  a boa saúde  da que goza o xadrez no sur da Provincia de Lugo.-  Do Circulo Chantadino é o subcampión da categoría absoluta, o campión e campioa na categoría sub-18, a campioa da categoría sub 14, campión e subcampión da categoría sub 12, podio monocor con campión e campioa incluído na categoría sub 10 e subcampión e campioa na categoría sub-8.-

Foto

Toca espallar este traballo ao Val de Lemos, donde Roberto Muñoz está a formar un par de equipos para a próxima liga de xadrez, e dese xeito espallar os éxitos da vila Chantadina a toda a parte sur da Provincia.-

Foto

O vindeiro 28 de agosto, terá lugar en Silleda a VI etapa do Circuito Galicia Central, onde de novo os integrantes do Circulo Chantadino intentarán sacar a maior parte dos metais, que a bo recaudo terán que compartir cos de Lalín, quenes na etapa Chantadina coparon o campión absoluto, campión sub 10 e campioa sub 12, impedindo deste xeito o que parecía un monocolor do Circulo Chantadino.-

De todas os xeitos, o Agora Silleda sempre foi bo anfitrión nos seus torneos, polo que a numerosa participación do próximo 28 de agosto está asegurada

Anxo Boán
Círculo Chantadino
http://www.cichaxa.es/

Bases:

5ª PROBA VALEDOIRA PARA O III CIRCUITO GALICIA CENTRAL 2010

DATA: Sábado, 7 de Agosto de 2.010

LOCAL DE XOGO: PARQUE CAMPO VELLO DA FEIRA

INAUGURACIÓN E COMEZO:

16:30 horas: Acreditacións de Xogadores.
1ª Rolda: 17:00 horas
2ª Rolda: 17:35 horas
3ª Rolda: 18:10 horas
4ª Rolda: 18:40 horas 
5ª Rolda: 19:15 horas
6ª Rolda: 19:50 horas
21:15 horas: Entrega de Premios.

RITMO DE XOGO: 15 Minutos a finish.

SISTEMA DE XOGO: Suízo a 6 Roldas, a través do Programa Informático Swiss-Manager.

INSCRICIÓN:

De Balde e ata ás 22:00 Horas do venres 6 de AGOSTO, enviando un e-mail a enriquechantada@gmail.com ou chamando ó 609433157, indicando
nome e apelidos e os menores de Idade, ademaís, o seu ano de Nacemento.

DIRECTOR: Anxo Boan y Enrique Rojo

ÁRBITRO PRINCIPAL: Juan Jesús Sanz Sixto

VER BASES XERAIS CIRCUÍTO

 

Información Circuíto

Organiza:

Circulo Chantadino
http://www.cichaxa.es/

Comisión de Festas de Chantada

Patrocina:

Comisión de Festas de Chantada

 

TablaDeFlandes