Galicia/Galiza
Galicia

Alexei Shirov en Galicia

Pontevedra

Escola de Xadrez Pontevedra Web

3 de abril de 2010

Informa: Escola de Xadrez Pontevedra Web

En castellanoEn galego

Nota de Prensa:

Durante esta Semana Santa, Galicia contou coa presenza do extraordinario Gran Mestre Alexei Shirov, e dende a Escola de Xadrez de Pontevedra e en concreto dende a Pena Alexei Shirov ´ ´ Grazas polo lume ´ ´, queremos destacar a enorme influencia que orixinou na nosa comunidade a súa presenza.

En primeiro lugar, e antes de nada, queremos agradecer a Federación Galega, en especial ao seu Presidente, por facer posible este acontecemento, facendo que o puidesen gozar todos os xogadores de xadrez, tanto novos coma maiores.

O convite proposto dende a Federación fixo que o GM Alexei Shirov, aceptase vir a traballar con diversos grupos de tecnificación da Federación Galega así como con xogadores do club Linex Magic de Extremadura, entre o 30 de marzo e o 3 de abril en Padrón. Esas clases foron do agrado de todos os mozos participantes, contando ademais coa presenza do Gran Mestre galego Iván Salgado, que ademais de apoiar os máis novos da comunidade gozou tamén das clases ofrecidas por Shirov.

Dende o noso club Escola de Xadrez de Pontevedra sempre se tivo a Alexei Shirov como un referente e de aí xurdiu a idea da creación da primeira pena xadrecística, que se denomina Alexei Shirov ´ ´ Grazas polo lume ´ ´, e cuxo fin principal é dar a coñecer a obra deste magnifico xogador, demostrarlle que é moi valorado entre todos os xogadores do club e facerlle chegar noso apoio en cada unha das partidas que dispute, sabendo que sempre estaremos a seguilas en todo momento.

O acto oficial da inauguración da pena tivo lugar o sábado, día 3 de Abril, na cidade de Pontevedra, acto ao cal asistiu como convidado de honra, o propio Alexei Shirov, que estivo acompañado por outros Grandes Mestres como Iván Salgado e Alejandro Hoffman, así como polos Mestres Internacionais Daniel Rivera, Manuel Pérez Candelario e Pablo García Castro, ademais do Mestre FIDE Iván Cabezas, tamén asistiron ao evento o pintor galego Alex Vázquez, o presidente da Federación Galega, o presidente do club Fuentes de León de Extremadura, e tampouco llelo quixeron perder socios da pena, alumnos da Escola de Xadrez de Pontevedra e do club Linex Magic de Extremadura.

Durante o acto gozouse dunha boa comida galega e tamén de produtos típicos de Extremadura traídos pola expedición estremeña.

Como broche final fíxoselle entrega dalgúns detalles, así como dunha placa como Socio de Honra da Pena ao GM Alexei Shirov.

Tamén se anunciou a inminente creación doutra pena xuvenil, que levará o nome dunha das iconas máis importantes en Galicia e España para todos os rapaces que xogan ao xadrez, e ese non é outro que o mozo GM galego Iván Salgado.

Ao mesmo tempo tamén se aproveitou a ocasión para unir lazos entre a Escola de Xadrez de Pontevedra e os Clubs Linex Magic e Fontes de León de Extremadura, lazos de irmandade que tratarán de fomentar o xogo ciencia por todo o territorio español.

Esperamos que isto sirva de impulso para outros e sigan facendo crecer o número de penas de xogadores de xadrez, unha iniciativa pioneira en España pola Escola de Xadrez de Pontevedra.

Non nos queremos despedir sen antes, agradecer a todos os anteriormente citados por asistir ao evento e apoiar a iniciativa, e invitarvos aos que non sexades socios a que vos inscribades, só tedes que poñervos en contacto vía correo electrónico.

Escola de Xadrez de Pontevedra

escola@xadrezpontevedra.com

Pena Alexei Shirov "Grazas polo Lume"

P_alexei@xadrezpontevedra.com

Datos de Interese:

Web da EXP: www.xadrezpontevedra.com
Foro da EXP: foro.xadrezpontevedra.com
Canle da EXP: www.youtube.com/xadrezpontevedra

A continuación achegamos unhas fotos do acontecido:

Foto
O MI Manuel Pérez e Anxo Crespo o Presidente do club Fuentes de León
foron os encargados de cortar os produtos traidos de Extremadura.

Foto
Alexei Shirov tamén se animou a cortar xamón

Foto
O MI Daniel Rivera dialogando co pintor Alex Vázquez e a súa muller Amelia

Foto
O Presidente da Federación Galega e o Presidente da Escola de Xadrez de Pontevedra

Foto
De Esquerda a Dereita: Presidente EXP, GM Alexei Shirov,
GM Alejandro Hoffman e o GM galego Iván Salgado

Foto
O xogador e monitor da EXP amenizou a reunión coa súa outra afección "a pandeireta"

Foto
Shirov asinou moitos libros aos socios e alumnos alí presentes,
aquí vémolo dedicándollo ao pintor Alex Vázquez

Foto
O MI Daniel Rivera e o GM Alexei Shirov

Foto
Asinándolle o libro ao presidente do Club Fontes de León

Foto
Momento no que o GM Alexei Shirov lle fai entrega a Ramón Escudeiro do diploma
que lle recoñece o record Nacional de Partidas simultaneas para Cegos

Foto
Recibindo a placa de Socio de Honra da Pena Alexei Shirov "Grazas polo lume"

Foto
A Escola de Xadrez de Pontevedra tamén lle fixo entrega do suadoiro do club, o cal aquí leva posto

Foto
Alex Vázquez fíxolle entrega dun cadro seu

Foto
Foto de familia, con todos os asistentes ao evento

Foto
Aquí vemos a Shirov diante da igrexa da Peregrina en Pontevedra,
xunto a el a expedición Estremeña e Iván Salgado


Informa:

Escola de Xadrez Pontevedra
http://xadrezpontevedra.com/

 

TablaDeFlandes