Galicia/Galiza
Galicia

Simultáneas en modalidade de Resistencia

Pontevedra

Pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Pontevedra

Domingo 26 de decembro de 2010

Informa: Escola de Xadrez Pontevedra Web

En castellanoEn galego

Nota de Prensa/ Convite:

Estimados afeccionados:

Co motivo da festa HQR, realizada polo Diario de Pontevedra, un ano máis contaron coa participación da Escola de Xadrez Pontevedra, para levar a cabo un récord mundial de xadrez de partidas simultáneas na modalidade de resistencia polo xogador cego Ramón Escudeiro Tilve, tamén os Mestres Internacionais Pablo García e Daniel Rivera tratarán de levar a cabo o récord nacional na mesma modalidade.

A simultánea de resistencia consiste en xogar durante 12 horas seguidas sen parar contra múltiples rivais en 20 taboleiros á vez.

Tamén se contará coa participación doutros mestres invitados.

Os participantes poderán xogar unha ou varias partidas con distintos mestres, xa que estas serán dinámicas entre xogada e xogada.

O pavillón onde se xogarán as partidas dispón de todas as comodidades.

Novamente o Diario de Pontevedra bríndanos a posibilidade de que o xadrez teña un sitio destacado no décimo aniversario do HQR, co obxectivo da difusión deste deporte en todo o territorio galego.

Pedimos a vosa colaboración para poder levar a cabo esta actividade e con iso poder darlle un maior impulso ao xadrez, grazas á influencia que ten esta festa na cidade de Pontevedra e o territorio galego.

O horario da simultánea sería a partir das 09.00 da mañá do domingo 26 de decembro, o lugar no que se celebrase será o Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

A organización dispón de autobuses e dunha comida quente para todos os participantes, tamén agasallos e diplomas para todos.

Ademais poderán gozar de inchables e atraccións para os máis pequenos e todos os deportes que comprenden a gran festa da HQR!.

Para calquera consulta, xa sexa de loxística ou funcionamento da actividade, poñerse en contacto en escola@xadrezpontevedra.com.

Agardando a vosa colaboración enviámosvos un cordial saúdo.

Escola de Xadrez Pontevedra
http://xadrezpontevedra.com/


Organiza:

Diario de Pontevedra
http://diariodepontevedra.galiciae.com/

Logo

Máis Información:

Logo

Escola de Xadrez Pontevedra
http://xadrezpontevedra.com/

Foro EXP
http://foro.xadrezpontevedra.com/

 

TablaDeFlandes