Galicia/Galiza
Galicia

Campionato de España Sub 10

Nigrán - Pontevedra

Linares. Xaén. Andalucía. 29 de xuño ao 4 xullo 2010
Web Oficial | ChessResults

Informa: Agustín Álvarez
Club de Xadrez Laroca. Nigrán. Pontevedra

En castellanoEn galego

Nota de Prensa:

Foto
Os campións, Mireya e Iñigo, cos trofeos e a mascota do campionato

Este domingo ven de rematar o Campionato de España de Xadrez en categoría  benxamín no hotel Anibal en Linares (Jaén). Neste escenario considerado o Wimbledon  do xadrez (tódolos campións mundiais dos últimos trinta anos xogaron aquí, e foi onde Kasparov anunciou a súa retirada do xadrez de competición), unha rapaza do Val Miñor, Mireya Represa Pérez, acaba de proclamarse Campioa de España  en categoría benxamín. Deste xeito Mireya e o extremeño Iñigo López, campión masculino representarán o xadrez español no Campionato da Comunidade Europea en Mureck (Austria) do 3 ao 12 de agosto,  e no Mundial Individual Benxamín en Haldaki (Grecia) do 19 ao 31 de outubro.

Foto
Mireya Represa Pérez

Mireya vive coa súa familia en Sabaris (Baiona). Empezou a xogar o xadrez os 6 anos nas actividades extraescolares do seu colexio. No 2008 entra a formar parte do Club de Xadrez Laroca de Nigrán (club que conta nas súas filas con xogadores dos tres concellos do Val Miñor). No ano 2009 proclamase Campioa Galega en categoría pre-benxamín (polo que foi incluída no grupo de tecnificación da Federación Galega de Xadrez) e campioa pre-benxamin do Circuíto Escolar da FEGAXA. Xa no 2010 en abril consegue o titulo de Campioa Galega benxamín, e o pasado domingo 4 de xullo Campioa de España en Linares. Parabéns para esta nova promesa do xadrez galego.

Club de Xadrez Laroca

Clasificacións Finais en ChessResults


Web Oficial

FEDA
http://www.feda.org

 

TablaDeFlandes