Galicia/Galiza
Galicia

Actividades de Xadrez en Pontevedra

Pontevedra

15 de agosto de 2010

Informa: Alba Piay Escola de Xadrez Pontevedra Web

En castellanoEn galego

Nota de Prensa:

Simultáneas de Xadrez en Pontevedra. GM Alejandro Hoffman

Onte, coincidindo co día de Santa María, e enmarcadas dentro do programa das Festas de Peregrina tiveron lugar de 11:30 a 15:00h unhas simultáneas de xadrez de man do Gran Mestre Alejandro Hoffman. As simultáneas, organizadas pola Asociación de Veciños de Santa María e a Escola de Xadrez de Pontevedra (EXP) reuniron a xogadores federados de distintos clubes (EXP, Marín e ONCE de Vigo) así como a turistas que disfrutaban eses días das festas da cidade. Disputáronse a 20 taboleiros, engadíndose novos xogadores a medida que finalizaban as partidas, chegando a xogar un total de 30.

Foto

O Gran Mestre, varias veces xogador olímpico e representante arxentino en Mundiais, gañou todas as partidas agás unhas táboas, conseguidas polo xoven xogador da Escola de Xadrez de Pontevedra Víctor Pérez Revenga. O noso parabén a Víctor así como a todos os participantes pola gran loita e deportividade amosada nas máis de tres horas de xogo.

Por outra banda o xogador da EXP Ramón Escudeiro xogou simultáneas a tres taboleiros, gañando as tres partidas. O xogador, tras a praza acadada para o Mundial co seu 5º posto no Campionato de España Absoluto da ONCE, preparase este mes para disputar o Campionato Mundial de Cegos da IBCA que terá lugar en Belgrado.

Foto

Paralelamente unha terceira actividade consistiu nun obradoiro infantil, onde nenos e nenas puideron aprender algunhas nocións sobre o xadrez, facer actividades plásticas e xogar en taboleiros xigantes. Achegáronse moitas familias da provincia así como turistas de outras lugares como Francia, País Vasco e Castela León.

Dende a Escola de Xadrez de Pontevedra agradecemos a todos os participantes e clubes a súa participación, grazas a cal se fixo posible disfrutar unha vez máis do xadrez nas rúas de Pontevedra.

Alba Piay
Escola de Xadrez de Pontevedra


Organizan / Máis Información:

Asociación de Veciños de Santa María. Pontevedra

Logo
Escola de Xadrez Pontevedra
http://xadrezpontevedra.com/

 

 

TablaDeFlandes