Galicia/Galiza
Galicia

IX Torneo de Xadrez Activo de Lalín

Lalín - Pontevedra

Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Haley (zona de ocio) Mapa

22 de maio de 2010. A partir das 16.30 | Bases

TORNEO DO III CIRCUÍTO GALICIA CENTRAL

Informa: Salvador Crespo Varela Pte. Club Galicia Central

En castellanoEn galego

Final:

FotoA terceira edición do Circuíto de xadrez Galicia Central tivo a súa posta de longo o sábado 22 de maio, coa celebración da primeira proba puntuable para este no Pontiñas CCO Haley de Lalin, patrocinador oficial do circuíto.

Os case 70 xadrecistas procedentes de gran parte da xeografía galega bateron o récord de participación do ano pasado. Chantada e Lalín coparon o medalleiro con 8 preseas cada unha. 3 levouse a E.X. Pontevedra, 2 o club Fontecarmoa de Villagarcía, mentres que a Ágora de Silleda, CabalLo de Troya de Pontevedra e Gallaecia de Santiago repartíanse as 3 medallas restantes.

Categoría Absoluta:

Vitoria para o bicampeón do circuíto, o lalinense Juan Jesús Sanz Sixto, que só cedeu medio punto ante o xogador do Marquiño Jesús Rodríguez Pérez, que mereceu mellor sorte nesa partida e na última que perdeu ante o subcampion, o pontevedrés Ruy López Santiago, que veu de menos a máis. A terceira praza do podio foi para o tamén lalinense Salvador Crespo Varela que tivo fortuna nos emparellamentos e acabou gañando o posto por mellor desempate en detrimento do santiagués Miguel Ángel Vázquez Alonso, con quen finalizou empatado a puntos. A campioa feminina foi Silvia Pérez Andrade, do Fontecarmoa.


Categoría Sub-18/Sub-14:

Excelente debut con vitoria en categoría sub-18 para o xogador de Silleda Luis Segade Penela, que gañou por mellor desempate fronte ao vixente campión, o lalinense Javier Varela García, que finalizaría segundo. A medalla de bronce foi para outro debutante, o santiagués Eloy Sixto Puente mentres que a campioa feminina foi Ana Grande Palacios, do Fontecarmoa, nunha magnífica actuación.

En categoría sub-14 triunfo para o lalinense Martín Saa López, novamente por mellor desempate fronte ao pontevedrés Álvaro Maquieira Vidal, a quen acompañaba no podio un compañeiro de club, Víctor Pérez Revenga. O ouro en categoría feminina foi para a lalinense Olimpia Elisa Rivera Marcos, no seu mellor torneo ata o momento.

Categoría Sub-12/Sub-10/Sub-08:

En categoría sub-12 produciuse un apisoante triunfo do pontevedrés Pablo Ferreiro Solla, que gañou todas as partidas en xogo. O podio completárono dous chantadinos, Gabriel Pérez Varela e Alberto Pérez Sánchez, a un punto do campión. A vitoria en categoría feminina foi para a chantadina María Vázquez Figueiras.

Chantada levouse as tres medallas en categoría sub-10. O mellor clasificado en categoría foi o debutante José Luis Rodríguez Díez, seguido por un sorprendente Alejandro Fernández López e o xogador de orixe romanesa Josif Baciu. A campioa feminina foi a lalinense Rosalía Paloma Rivera Marcos.

Tres xogadores empataron a puntos no primeiro posto na nova categoría sub-8. O desempate favoreceu a Álex Crespo Fuentes, que se proclamou campión, seguido dos chantadinos Daría Pérez López e Daniel Rodríguez Vázquez. A campioa feminina foi a lalinense Andrea Carballude Beleda.

A segunda proba será o 26 de xuño en Chantada (Pavillón de Deportes).

Elo Galicia Central:

Tras a disputa do torneo actualízanse os ránkings de elo local. En categoría absoluta os números 1 e 2 continúan sendo os lalinenses Juan Jesús Sanz Sixto e Salvador Crespo Varela, que ve perigar o seu posto co ascenso ao número 3 do pontevedrés Ruy López de Santiago.

En categoría sub-12 lidera o ferrolano Alexandre Rodríguez Sigler, seguido de preto por Pablo Ferreiro Solla, que se sitúa segundo desbancando a xogadora de Nigrán Mireya Represa Pérez, que é agora terceira. As maiores subas protagonízanos xogadores da zona media/baixa, destacando os irmáns Alejandro e Pablo Fernández López, Daría Pérez López, Alberto Amarante e Olimpia Rivera.

Boas entradas no top-20 para José Luis Rodríguez Díaz e Ana Grande Palacios. "

(Texto: Juan Jesús Sanz Sixto)
(Foto: Juan Marcos Míguez-La Voz de Galicia)


Organiza:

Escola de Xadrez Lalín

Patrocina:

Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Haley
http://www.pontinas.com/

 

TablaDeFlandes