Galicia/Galiza
Galicia

Aberto Internacional Carlos I

Sanxenxo - Pontevedra

Hotel Carlos I
Salón Silgar del Hotel Carlos I **** (Entrada libre). Rúa Vigo s/n, Sanxenxo

Do 20 ao 28 de xuño de 2009

TORNEO DO XXII CIRCUITO GALEGO DE XADREZ

Informa: MI Roi Reinaldo

En españolEn galegoFrançaisEnglish

 

Organización:

Lugar de xogo: Salón Silgar do Hotel Carlos I (Entrada libre). Rúa Vigo s/n, Sanxenxo.

Organizador: M.I. Roi Reinaldo Castiñeira

Director do torneo: A.I. Álvaro Reinaldo Soto

Árbitro principal: A.I. Nerea Mauleón Carranza

Árbitro adxunto: A.I. Álvaro Reinaldo Soto

WEB: www.tabladeflandes.com

E-mail: roi@infonegocio.com

Bases:

1) O Torneo disputarase polo Sistema Suízo a 9 roldas.

2) O ritmo de xogo será de 90 minutos por xogador para toda a partida, máis un incremento de 30 segundos por xogada realizada.

3) Os emparellamentos serán informatizados e non se admitirá ningún tipo de reclamación neste senso agás erro na introdución manual de resultados.

4) O sistema de desempate darase a coñecer na última rolda mediante sorteo:

• Bucholz restando os dous peores resultados.
• Bucholz Total.
• Resultado progresivo.

5) O Torneo será válido para Normas Internacionais de Xadrez, ELO FIDE e ELO FEDA.

6) Haberá ata 3 BYE a disposición dos xogadores. Os BYE son días libres que pode solicitar o xogador antes do comezo do torneo (sempre por escrito). Poden pedirse ata 3 BYE, que deberán utilizarse con anterioridade á oitava rolda. Na rolda solicitada, non se emparellará ao xogador solicitante do BYE e se lle torgará medio punto. Os byes correspondentes á 1º rolda deberán formalizarse vía E-mail.

7) O xogador que non pague a inscrición antes da terceira rolda será automaticamente expulsado do torneo.

8) Aqueles xogadores que por calquera razón non apareceran na derradeira lista de ELO FIDE e tivesen ELO FIDE con anterioridade, se lles considerará o seu ranking, só a efectos de premios, tendo en conta a lista na que apareceran por derradeira vez.

9) Esixirase aos participantes unha adecuada presenza na Sala de Xogo e na Cerimonia de Clausura (non chancas, bañadores, pantalóns curtos, etc).

10) A Organización reservase el dereito de admisión.

11) Calendario de xogo:

• 20 de xuño do 2009 ás 16.30 horas. Confirmación de xogadores
• 20 de xuño do 2009 ás 17.00 horas. Primeira Rolda
• 21 de xuño do 2009 ás 17.00 horas. Segunda Rolda
• 22 de xuño do 2009 ás 17.00 horas. Terceira Rolda
• 23 de xuño do 2009 ás 17.00 horas. Cuarta Rolda
• 24 de xuño do 2009 ás 17.00 horas. Quinta Rolda
• 25 de xuño do 2009 ás 17.00 horas. Sexta Rolda
• 26 de xuño do 2009 ás 17.00 horas. Sétima Rolda
• 27 de xuño do 2009 ás 17.00 horas. Oitava Rolda
• 28 de xuño do 2009 ás 10.00 horas. Novena e derradeira Rolda
• 28 de xuño d0 2009 ás 14.30 horas. Clausura e entrega de premios.

12) Inscricións:

Aloxados no Hotel CARLOS I: 30 €
Resto de xogadores: 45 €
• Exentos da inscrición G.M. e M.I. e xogadores con máis de 2400 de elo

A Organización reservase o dereito a modificar as bases do “Aberto Internacional de Xadrez Carlos I” sin outra obriga que a de publicalas na páxina web oficial: www.tabladeflandes.com

A participación supón a aceptación tácita das presentes bases.

Premios:

Xeral:
1.200,00 €
1.000,00 €
800,00 €
700,00 €
600,00 €
500,00 €
400,00 €
300,00 €
200,00 €
10º 150,00 €
11º 100,00 €
SUB-2300:
250,00 €
150,00 €
100,00 €
SUB-2000/sen Elo:
250,00 €
150,00 €
100,00 €
Mellor Galego:
150,00 €
100,00 €
Veterán: 100,00 €
SUB18 100,00 €
SUB14 100,00 €
7.500,00 €

• Premios non acumulativos
• No caso de obterse dous ou máis premios, adxudicarase o maior.
• Se foran os montos dos premios iguais, rexérase pola seguinte orde: 1º Xeral, 2º Premios de Franxa de ELO.
• Aos premios se lles deducirán os impostos legais establecidos.
• Para recoller o Premio será imprescindible estar presente na Cerimonia de Clausura.

Oferta Hotelera:

Foto
Rúa. Vigo s/n 36960 Sanxenxo (Pontevedra)
Hotel: www.carlosprimero.com

Oferta Hotelera:

Oferta Hotel CARLOS I **** & SPA (Sede del Torneo):

Pensión completa en habitación dobre: 58 euros (+ 7% IVE) persoa e día.
Pensión completa en habitación individual: 80 euros (+7% IVE) persoa e día.
Pensión completa en habitación tripla: 55 euros (+7% IVE)
Inclúese un prato de marisco no xantar.
Enderezo: Rúa/. Vigo s/n 36960 Sanxenxo (Pontevedra) ESPAÑA

Páxina web do Hotel Carlos I: www.carlosprimero.com

Beneficiaranse desta oferta os xadrecista que reserven praza hotelera con data anterior ao 14 de xuño chamando ao teléfono 606 458 177 (reserva mínima de 5 días) ou enviando un email a roi@infonegocio.com

Nota: Nos prezos non se inclúen as bebidas

Foreign Players should contact by e-mail with Roi Reinaldo roi@infonegocio.com


Organización:

Organizador: M.I. Roi Reinaldo Castiñeira

Director torneo: A.I. Álvaro Reinaldo Soto

Information en France:

http://echecspassion-tour.over-blog.com/

 

TablaDeFlandes