Galicia/Galiza
Galicia

En Benidorm

Pontevedra

IX Festival Internacional de Benidorm Gran Hotel Bali 2010
Comunidade Valenciana: Benidorm - Alicante

Informa: Visitante Web

En castellanoEn galego

Nota de Prensa:

Luis Segura Santos en Benidorm

Despois dunha viaxe interminable, por canto durou máis de 30 horas ao estar atrapado nos aeroportos de Vigo e Madrid pola folga de controladores aéreos e tendo que desprazarse mais de 1000 Km. en autobús, o xogador Luis Segura, actual Campión Galego sub-14 pertencente ao Club Xadrez Fontecarmoa, logrou chegar a Benidorm, para participar no IX FESTIVAL INTERNACIONAL DE XADREZ GRANDE HOTEL BALI, que ten lugar dende o 4 ao 8 de decembro. Este torneo internacional esta considerado cun dos mais importantes que se celebra en España, por canto no ano 2009 participaron preto de 850 xogadores de 50 nacionalidades en todos os seus categorias..

O novo xogador de Sanxenxo, participa na categoria de Novas Xeracións sub-16.

Por motivo da folga de controladores aereos, non chegou a tempo para disputar a primeira rolda, sendolle concedido un bye. Na segunda rolda disputada na mañá do sábado, o xogador sanxenxino perdeu contra o madrileño Ruben Sánchez, o cansazo acumulado durante a viaxe e o non poder durmir o suficiente fixo que unha partida que en todo momento tiña gañada, perdésea por falta de concentracion no tramo final, o que o conduciu a cometer un erro.

Despois de durmir toda a tarde do domingo para recuperar enerxia, o luns disputou as dúas roldas con senllas vitorias, na mañá derrotou a campioa murciana, Sofia Martinez e pola tarde ao catalán Carles Albert. Esta vitorias danlle confianza e aínda que o torneo soamente se celebra a sete roldas, fano concibir esperanza de rematar nos postos altos da clasificación.

O xogador en todo momento, quere agradecer a colaboracion de Interrias de Sanxenxo, polo patrocinio para poder vir a disputar este torneo.

Resultados Luis Segura Santos


Información Relacionada:

IX Festival Internacional de Benidorm Gran Hotel Bali 2010
Comunidade Valenciana: Benidorm - Alicante

 

TablaDeFlandes