VII Aberto Internacional Concello de Ortigueira
Claustro do Concello de Ortigueira
10 ao 18 de agosto de 2008 | Resultados
TORNEO DO XXI CIRCUITO GALEGO DE XADREZ
Informa: AI Juan J. Montes (Árbitro)
O torneo xogarase polo sistema suizo á distancia de 9 roldas do 10 ao 18 de Agosto de 2008, ritmo de xogo de 90 min + 30 seg por xogada.
O horario de xogo será ás 17.00, agás a 9ª rolda que se disputará ás 10.00 horas.
Todas as partidas disputaranse no claustro do Concello de Ortigueira.
O torneo será dirixido por D. Rodrigo Alonso Fernández-Revuelta, o arbitraxe correrá a cargo de D. Juan J. Montes Mayo (AI) e D. Juan J. Iglesias González (AN). O Presidente é D. Luis Pita Chento e a Presidenta de Honra Dª. Mari Cruz Sabio Teijeiro.PREMIOS EN EUROS
1.- 1.200 2.- 1.000 3.- 800 4.- 600 5.- 500 6.- 400 7.- 350 8.- 300 9.- 250 10.- 200 11.- 150 12.- 150 13.- 150 14.- 150 15.- 150 16.- 100 17.- 100 18.- 100 Outros premios especiais : Elo < 2000 (100, 75, 50 y 25 €)
Locais (100, 50 y 25 €)Total en premios : 7.075 € Os premios non serán divisibles nin acumulables.
O torneo será válido para Rating FIDE y FEDA, así como para títulos FIDE.
Os sistemas de desempate serán: Bucholz Medio FIDE, Sistema Acumulativo (Progresivo) e Suma de Rating dos adversarios. A orde de aplicación será sorteada ao remate do torneo, en cualquera caso, o cuarto sistema de desempate será un sorteo entre os xogadores implicados.
El torneo rexirase polas leis FIDE e FEDA, para o non contemplado nas presentes bases.