Galicia/Galiza
Galicia

VII Torneo Cidade de Viveiro

Viveiro - Lugo

Casino de Viveiro. Avda. Ramón Canosa

Sábado-Domingo, 28 e 29 de xullo de 2007 | Resultados

Informa: Fina Carrete

En españolEn galego

Bases:

CartelDatas e Sistema: O torneo disputarase a 8 roldas polo sistema suízo os días 28 e 29 de Xullo do 2007.

Lugar: O local de xogo será O Casino de Viveiro sito en Avda. Ramón Canosa.

Ritmo: A duración das partidas será de 25 minutos por xogador.

Establecerase un límite de 70 xogadores que serán admitidos por orde de inscrición, a organización reservase o dereito de aumentar o número de prazas.

Inscricións

O importe da inscrición será de 12 € para os maiores de 18 anos, e de 3 € para os menores de 18 anos.

A inscrición será gratuita para os socios do Casino e para os xogadores con unha puntuación ELO superior os 2350 puntos.

A inscrición poderá formalizarse chamando ós Tfnos.- 982 560394 , 651 47021, 608 414485, ou directamente na Casa da Xuventude de Viveiro. Avda, Cervantes s/n, en horario de 16 a 22 horas de luns a venres.

O prazo para inscribirse rematará o día 27 de Xullo as 20 horas

A organización reservase o dereito de aceptar inscricións en calquera momento e non incluír na 1ª rolda a xogadores inscritos fora de prazo ou que non abonaran a taxa de inscrición.

Poderase abonar os dereitos de inscrición en calquera das sucursais de CAIXANOVA no nº de conta : 2080/0187/010040006398.

No suposto de ter dificultades para abonar a inscrición, esta poderase facer efectiva ata unha hora antes do comezo do Torneo, nas instalacións do Casino de Viveiro , sempre que xa se estivera inscrito antes do 28 de Xullo

Horario

O comezo do torneo será as 15:45 horas do sábado dia 28 de Xullo, de acordo co seguinte horario :

1ª rolda: día 28 de Xullo ás 15:45 horas
2ª rolda: día 28 de Xullo ás 17:00 horas
3ª rolda: día 28 de Xullo as 18:00 horas
4ª rolda: día 28 de Xullo as 19:00 horas
5ª rolda: día 29 de Xullo as 16:00 horas
6ª rolda: día 29 de Xullo as 17:00 horas
7ª rolda: día 29 de Xullo as 18:00 horas
8ª rolda: día 29 de Xullo as 19:00 horas

Entrega de premios o día 29 de Xullo de 2007 as 20:30 horas

Premios:

Repartiranse premios por un valor de 3.000 €, distribuídos da seguinte forma:

Categoría Xeral:

1º Clasificado 500 € e Trofeo
2º Clasificado 350 € e Trofeo
3º Clasificado 250 € e Trofeo
4º Clasificado 150 €
5º Clasificado 110 €
6º Clasificado 100 €
7º Clasificado 90 €
8º Clasificado 80 €
9º Clasificado 70 €
10º Clasificado 60 €
11º Clasificado 50 €
12º Clasificado 50 €
13ºClasificado 50 €
14ºClasificado 50 €
15ºClasificado 50 €

Premios Participantes de A MARIÑA

1º Clasificado 110 € e Trofeo
2º Clasificado 100 € e Trofeo
3º Clasificado 80 € e Trofeo
4º Clasificado 60 €
5º Clasificado 40 €
6º Clasificado 20 €
7º Clasificado 20 €

Premios Participantes SUB 18:

1º Clasificado 110 € e Trofeo
2º Clasificado. 100 € e Trofeo
3º Clasificado 80 € e Trofeo
4º Clasificado 50 €
5º Clasificado 30 €
6º Clasificado 20 €
7º Clasificado 20 €

Premios Participantes SUB 12

1º Clasificado 80 € Trofeo
2º Clasificado 50 € Trofeo
3º Clasificado 20 € Trofeo
4º ao 13 º Clasificado Medallas

Os premios non serán acumulativos, no caso de concorrer un xogador a varios premios, entregaráselle o de maior contía, ou mellor nivel.
Os xogadores que xogan na Liga da Mariña podran optar os premios da Mariña

Desempates:

No caso de haber empates, empregaranse os métodos de desempate seguintes e por esta orde:

Bucholz
Sonnenborg-Berger
Bucholz medio
Nº de victorias
Resultado particular
Cor do enfrontamento entre ámbolos dous.
Sorteo

Outros

A vixente lei do xadrez da FIDE, e as presentes bases, rexerán a marcha do torneo.

O comité de apelación estará integrado por un representante da organización , e o equipo arbitral, os cales serán os encargados de resolver calquera incidente.

A incomparecencia a dúas partidas consecutivas ou non, darán lugar a descalificación do torneo. A organización reservase o dereito de proceder así mesmo a retirada do torneo de xogadores ausentes na 1º rolda ou na 6ª rolda.

Queda prohibido fumar no local de xogo.

Cada participante virá provisto de D.N.I , e resgardo de pago de inscrición.

A inscrición no VI Torneo de Xadrez "Cidade de Viveiro" ,implica a aceptación das presentes bases.

Organiza:

Logo
Club de Xadrez Viveiro

Xunta de Galicia. Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar | Casa da Xuventude de Viveiro

Patrocinan:

Concello de Viveiro | Deporte Galego

Colaboran:

Casino de Viveiro
Grupo Futures
Óscar Rodríguez Joyeros
Regal

 

TablaDeFlandes