Galicia
Crónica Liga Galega Clubs 2013
Círculo Chantadino
Informa: Anxo Boán. Círculo Chantadino Xadrez | Web
Crónica Rolda 5
16 febreiro 2013
División de Honra
O Circulo Chantadino de xadrez A capitaneado polo Gran Mestre Internacional, o Serbio Dragan Paunovich empatou 3-3 co clube de xadrez Ciudade de Narón.- O equipo do Circulo Chantadino de Xadrez A conquire na division de honra conquire un valioso empate fronte ao Circulo xadrez Ciudade de Narón, que lle permiten manterse no octavo posto da clasificación xeral a pesar das dificultades que esta a ter polas baixas neste encontro de xogadores coma o Gran Mestre Luis Gallegos, Mario Tallerico e Martín Boado unido a ausencia de Alejandro Hoffman que o obligan unha e outra vez a incorporar xogadores do equipo filial que están respondendo estupendamente.- Do orde de forza inicial para a division de honra xogaron Paunovic, Tomás Alonso e Gotera, completandose os taboleiros con xa incorporado a division de honra Camilo Rodríguez e cos xogadores do filial Pedro Guitián e Ricardo García que gañou o seu punto.-
O VINDEIRO SABADO DESPLAZANSE A SANTIAGO PARA ENFRONTARSE AO CLUBE "ALGALIA"
Segunda División
O CIRCULO CHANTADINO B , a cargo de Anxo Boán impuxose 3-1 a Escuela de Ajedrez de Lalín.- A pesar das reiteradas baixas que este equipo sofre con motivo da necesidades de suplir as baixas na division de honra, mercede a esta victoria, o Circulo Chantadino ascende postos na taboa para situarse no cuarto posto e distando soio un punto do segundo posto que lle permitiria promocionar ao ascenso a primeira division.- Das victorias do Circulo Chantadino destacar a victoria de Daria Lopez, ascendida de terceira division para este encontro .- O vindeiro sabado desplazase a Ourense fronte a casa da Xuventude B que de conquerir un bo resultado permitirialle baraxar todas as opcions para o ascenso a primeira division.-
O CIRCULO CHANTADINO C , a cargo de Enrique Rojo perdeu fronte a Casa da Xuventude "B" por 1,5 a 2,5.- Este equipo tamen estivo mermado polas baixas de Alberto Perez e Gabriel, polo que o punto e medio acadado podese considerar un bo resultado pois a pesar da derrota, este equipo sigue , punto a punto, mantendose lonxe da zona de descenso.
O VINDEIRO FIN DE SEMAN DESPLAZASE A OURENSE para enfrontarse ao Xadrez Ousense "D"
Terceira División
O Circulo Chantadino D perdeu fronte ao Benchosey por 3-1. O punto deste equipo conqueino o xovencisimo Antón Pardo, e tratase dun equipo formado por nenos de corta idade procedentes das escolas cuia única finalidade e que vaian tomando experiencia nas competicions oficiais.-
O vindeiro fin de seman desplazanse a Ourense para enfrontarse ao Xadrez Ourense E.- Na vindeira xornada remata a liga galega en terceira division, non asi nas demais categorias que remata o dia 20 de abril.-
Texto e Fotos:
Anxo Boán (Representante do Circulo Chantadino de Xadrez)
Organiza:
Federación Galega de Xadrez
Máis info