Galicia
III Torneo Internacional "Camilo José Cela"
Fundación Cela. Santa María, 22. Iria Flavia - Padrón (A Coruña)
Informa: Fundación Camilo José Cela WEB
Xoves, 17 de maio de 2007 (Día das Letras Galegas)
O torneo de xadrez 'Camilo José Cela' conta novamente coa inestimable colaboración da Escola Municipal de Xadrez “Padrón” e a Federación Galega de Xadrez.
As partidas das primeiras mesas da categoría absoluta dispútanse en taboleiros dixitais, xestionados por un programa específico, e pódense seguir a través de internet. Esta edición conta coa presenza do árbitro internacional vasco Lukas Iruretagoiena.
A consulta das bases pódese facer nas webs www.fundacioncela.com , www.fegaxa.com , www.tabladeflandes.com e no teletexto de TVE
BASES:
DATA:
O III Torneo Internacional de Xadrez Escolar ‘Camilo José Cela’, terá lugar o vindeiro día 17 de maio de 2007.A presentación levarase a cabo ás 10:30 hrs.
O horario das distintas roldas será:
Mañá: 11:00, 12:00 e 13:00 hrs.
Tarde: 16:00, 17:00 e 18:00 hrs.INSCRICIÓNS
Realizaranse enviando un correo electrónico a ajedrezcela@gmail.com cos datos persoais da xogador, centro escolar ou club de xadrez ao que pertence e categoría na que desexa inscribirse.
Teléfonos de consulta:
Fundación Camilo José Cela
Teléf. 981-812424Antonio Espiñeira
Teléf. 981-811471 / 686-938024Data límite: 15 de maio ás 14:00 hrs ou ata o momento en que se cubran as prazas preestablecidas.
MODALIDADE
O campionato será aberto e celebrarase por sistema suízo a 6 roldas, cun tempo de xogo de 25 minutos por xogador.Se algunha categoría superase os 64 xogadores, disputaríanse 7 roldas de 20 minutos por xogador. A inscrición será gratuíta e haberá límite de prazas.
Cada participante recibirá un exemplar do libro de Camilo José Cela, "Pabellón de reposo".
LOCAL DE XOGO
Pavillón de cristal e salas da Fundación Camilo José Cela, con sede en Iria Flavia.CATEGORIAS
Sub-10, sub-12, sub-14, sub-16 (límite de 100 xogadores) e absoluta (límite de 60 xogadores).PREMIOS (non acumulativos)
* Categorías sub-10, sub-12, sub-14 e sub-16:
5 premios por categoría (primeiro neno, primeira nena, segundo, terceiro e cuarto)*Categoría absoluta:
7 premios (250, 200, 175, 150, 100, 75, 50 €)ENTREGA DE PREMIOS
Paraninfo da Fundación Camilo José Cela, en Iria Flavia ás 19:30 hrs.Farase entrega dos distintos premios correspondentes a cada categoría dentro do III Torneo Internacional de Xadrez Escolar ‘Camilo José Cela', que servirá de presentación do II Circuíto de Xadrez Escolar ‘Galicia'.
Fundación Cela:
Fundación Camilo José Cela
"El que resiste gana"
C/ Santa María, 22
15917 Iria Flavia - Padrón (A Coruña)
Tf.: 981 81 24 24 / Fax: 981 81 04 53
E-mail:
ajedrezcela@gmail.com
En Internet:
www.fundacioncela.com
www.bibliotecacela.com
2006:
VER INFO EN TABLADEFLANDES
(Con Fotos)