I Circuito Comarcal As Mariñas
Xullo e Agosto de 2009
Informa: Óscar de Pradro Club Arteixo
Información Xeral:
O 1º circuíto comarcal de xadrez "As Mariñas" disputarase nos meses de Xullo e Agosto e consta de 4 torneos:
Arteixo: 25 de Xullo
Cambre: 22 de Agosto
Betanzos: 23 de Agosto
Carral: 29 de AgostoOs torneos disputaranse por sistema suízo a 7 roldas e o ritmo de xogo, ademais dos premios, variarán en función das propias bases de cada torneo que se publicarán na web oficial www.tabladeflandes.com.
Para puntuar nos premios finais do circuíto é necesario disputar 3 dos 4 torneos.
Para as clasificacións finais distínguense 2 grupos:
Categoría Absoluta: a suma de puntos totais en 3 torneos, en caso de empate o que xogue máis torneos e se segue o empate o mellor posto obtido nalgún torneo.
Para o resto de categorías S16,14,12,10: outorgaranse puntos aos primeiros clasificados en función dos postos:
1º 10 puntos
2º 8 puntos
3º 6 puntos
4º 5 puntos
5º 4 puntos
6º 3 puntos
7º 2 puntos
8º 1 puntoA suma de puntos dará os gañadores e en caso de empate igual que os absolutos (máis torneos e mellor posto).
Premios xerais do circuíto:
Categoría Absoluta:
1º 150 € e trofeo
2º 100 €
3º 70 €
4º 50 €
5º 30 €Especiais:
1º ELO-2000: 20 €
1º Sen Elo FIDE:20 €
1º Sub 18:20 €
1ºFemenino:20 €
1ºVeterano:20 €Categorías S16, S14, S12, S10:
1ºTrofeo e agasallo a elixir.
2º Agasallo
3º AgasalloEntre os regalos a entregar hai: balóns de fútbol, mochilas, libros de xadrez etc...
Nota: O agasallos aínda se poderían ampliar e a relación definitiva de premios publicarase na web www.tabladeflandes.com
A clausura do 1º Circuíto Comarcal de Xadrez "Ás Mariñas" terá lugar no Pavillón Municipal de Carral o día 29 de Agosto ás 20.30 seguida dun pincho.
Organizan:
Clubs de Xadrez Arteixo
Club de Xadrez Sigrás
Club de Xadrez Betanzos
Colaboran
Concello de Arteixo
Concello de Cambre
Concello de Betanzos
Concello de Carral