Galicia/Galiza
Galicia

VIII Torneo Cidade de Viveiro

Viveiro - Lugo

Casino de Viveiro. Avda. Ramón Canosa

2 e 3 de agosto de 2008 Resultados

Informa: Emilio González

En españolEn galego

 

Datas: 2 e 3 de Agosto de 2008.

Local de Xogo: O local de xogo será O Casino de Viveiro sito en Avda. Ramón Canosa. Viveiro. Lugo.

Sistema de Xogo: O torneo disputarase a 8 roldas polo sistema suízo.

Ritmo de Xogo: A duración das partidas será de 25 minutos por xogador.

Establecerase un límite de 70 xogadores que serán admitidos por orde de inscrición, a organización reservase o dereito de aumentar o número de prazas.

Inscrición:

O importe da inscrición será de 12 € para os maiores de 18 anos, e de 3 € para os  menores de 18 anos.

A inscrición será de balde para os socios do Casino e para os xogadores cunha puntuación ELO superior aos 2350 puntos. 

A inscrición poderá formalizarse chamando aos Teléfonos: 982 560 394 ou 608 414 485, ou directamente na Casa da Xuventude de Viveiro. Avda, Cervantes s/n, en horario de 15 a 22 horas de luns a venres.

O prazo para inscribirse rematará o día 1 de Agosto ás 20 horas

A organización reservase o dereito de aceptar inscricións en calquera momento e non incluír na 1ª rolda a xogadores inscritos fora de prazo ou que non abonaran a taxa de inscrición.

Poderase abonar os dereitos de inscrición en calquera das sucursais de CAIXANOVA no nº de conta : 2080/0187/010040006398.

No suposto de ter dificultades para abonar a inscrición, esta poderase facer  efectiva ata unha hora antes do comezo do Torneo, nas instalacións do Casino de Viveiro, sempre que xa se estivese inscrito antes do 1 de Agosto

Horario Previsto:

O comezo do torneo será ás 15.45 horas do sábado día 2 de Agosto, de acordo co seguinte horario :

1ª rolda: día 2 de Agosto ás 15.45 horas
2ª rolda: día 2 de Agosto ás 17.00 horas
3ª rolda: día 2 de Agosto ás 18.00 horas
4ª rolda: día 2 de Agosto ás 19.00 horas
5ª rolda: día 3 de Agosto ás 16.00 horas
6ª rolda: día 3 de Agosto ás 17.00 horas
7ª rolda: día 3 de Agosto ás 18.00 horas
8ª rolda: día 3 de Agosto ás 19.00 horas

 Entrega de premios o día 3 de Agosto de 2008 ás 20.30 horas

 Premios:

CartelRepartiranse premios por un valor de  2.500 €, distribuídos da seguinte forma :

Premios Xeral:
1º Clasificado  500 € e Trofeo  
2º Clasificado  350 € e Trofeo 
3º Clasificado 250 € e Trofeo   
4º Clasificado 150 €    
5º Clasificado  110 €
6º  Clasificado 100 € 
7º  Clasificado  90 €
8º  Clasificado 80 € 
9º  Clasificado 70 € 
10º Clasificado 60 €  
11º Clasificado 50 €  
12º Clasificado 50 €  
13º Clasificado 50 €
14º Clasificado 50 € 
15º Clasificado 50 €

Premios Participantes de A MARIÑA
1º Clasificado 80  € e Trofeo   
2º Clasificado 60 € e Trofeo    
3º Clasificado 40 € e Trofeo 
4º Clasificado 20 €

Premios Participantes SUB 18
1º Clasificado 80 € e Trofeo  
2º Clasificado 60 € e Trofeo 
3º Clasificado 40 € e Trofeo    
4º Clasificado  20 € 

Premios Participantes  SUB 12
1º Clasificado 40 € Trofeo
2º Clasificado 30 € Trofeo
3º Clasificado 20 € Trofeo
4º ao 13º Clasificado Medallas

Os premios non serán acumulativos, no caso de concorrer un xogador a varios premios, entregaráselle o de maior contía, ou mellor nivel.

Os xogadores que xogan na Liga de A Mariña poderan optar aos premios de A Mariña

No caso  de haber empates, empregaranse os métodos de desempate seguintes e por esta orde : Bucholz, Sonnenborg-Berger, Bucholz medio, Nº de victorias, Resultado particular, Cor do enfrontamento entre ámbolos dous, Sorteo

A vixente lei do xadrez da FIDE, e as presentes bases, rexerán a marcha do torneo.

O comité de apelación estará integrado por un representante da organización, e o equipo arbitral, os cales serán os encargados de resolver calquera incidente.

A imcomparecencia a duas partidas consecutivas ou non, darán lugar á descalificación do torneo.

A organización reservase o dereito de proceder así mesmo á retirada do torneo de xogadores ausentes na 1º rolda ou na 6ª rolda.

Queda prohibido fumar no local de xogo.

Cada participante virá provisto de D.N.I , e resgardo de pago de inscrición.

A inscrición no VIII Torneo de Xadrez "Cidade de Viveiro", implica a aceptación das presentes bases


Organizan:

Logo

Logo
Club de Xadrez Viveiro

Patrocinan:

Logo
Excelentísimo Concello de Viveiro

Colaboran:

Casino de Viveiro

Grupo Futures

 

TablaDeFlandes