Círculo Chantadino de Xadrez / Escolas Deportivas de Chantada

Chantada - Lugo

2009

Informa: Anxo Boán Círculo Chantadino

En españolEn galego

Nota de Prensa:

A Escola de Xadrez do Círculo Chantadino, en colaboración coas Escolas Deportivas de Chantada,
xa está a funcionar baixo a batuta dun xadrecista de elite mundial como é o arxentino Alejandro Hoffman.

Foto
GM Francisco Vallejo (EIK-M) vs GM Alejandro Hoffman (Círculo Chantadino)
Foto de Arquivo: VIII Torneo Velero Sin Enroque

Con motivo do Curso Escolar 2009, o Club Círculo Chantadino de Xadrez en convenio coas Escolas Deportivas de Chantada cuadriplicou o presuposto doutros anos ata un total de 8.000 euros dos que máis de 6.000 euros van destinados á formación dos novos xadrecistas e outros 2.000 euros van destinados á competición dos xogadores. Destes 6.000 euros destinados a formación, o Concello achega 2.000 euros para monitor, mentres que os outros catro mil euros son achegados dende o club.

Neste esforzo está a contratación dun GRANDE MESTRE INTERNACIONAL para dar as clases aos das escolas entre as sete e nove da noite, e despois, entre as nove e dez da noite as clases impártense aos demais socios do Club Círculo Chantadino de Xadrez.

Deste xeito, a Escola do Círculo Chantadino é a única en toda Galicia cuxas clases son impartidas por un Gran Mestre Internacional de currículo practicamente inigualable como é o arxentino Alejandro Hoffman.

Ademais este ano Hoffman acaba de fichar polo Círculo Chantadino de Xadrez para a Liga Galega da tempada 2009, na categoría da Segunda División á que veñen de ascender.

Entre as fichaxes do Círculo Chantadino, ademais de Hoffman, recupéranse figuras do antigo Club de Xadrez de Saviñao, como poden ser Pedro e Cesar, así como o chantadino Miguel Fortes, ademais de Corral Elíseo e Ramón. Acompañan a estas fichaxes os demais xogadores que o último ano o levaron a Segunda, que son seguindo a orde de forza de entón, Anxo García Brea, Anxo Boán Rodríguez, Camilo Rodríguez Ferreiro, Ricardo García Vigo, Carlos Guerra Torres e a incorporada fichaxe do Carballiño Diego Álvarez González.

Anxo Boán, que ten prevista a súa retirada da dirección do club entre decembro e o final da Liga Galega, móstrase satisfeito coa marcha do club, manifestando a plena confianza en que as escolas quedan a bo recado na dirección de Rojo que foi quen máis se implicou na contratación de Hoffman, asemade que no club queda xente con capacidade de dirección que o levará ao máis alto. Aventúrase a dicir, que con Hoffman, Gotera (Miguel Fortes) Ramón e os que eran, que nesta tempada se debe aspirar a chegar á Primeira División confirmandose deste xeito na elite xadrecística galega.

Anxo Boán
Círculo Chantadino de xadrez


 

Círculo Chantadino de Xadrez / Escolas Deportivas de Chantada