III Circuito Galego Escolar

Galicia. 2008

En españolEn galego

Calendario / Regulamento:

Data Localidade Torneo Sede
27 Abril Ourense I Festival Internacional EXPOURENSE - Ourense
24 Maio Vilagarcía VI Torneo Santa Rita Auditorio Municipal
07 Xuño Ourense II Congalle-Maristas Centro Maristas
14 Xuño Ribadumia III Aberto do Salnes Centro Social Barrantes
21 Xuño Mugardos I Concello de Mugardos Pavillón Polideportivo
13 Setembro Vilanova II Concello de Vilanova Pavillón Municipal
20 Setembro Vilagarcía II Memorial Adolfo Pedrido Pavillón Castelao
04 Outubro Poio Centro Comercial A Barca Centro Comercial A Barca
25 Outubro Vilagarcía II Open Mcdonalds Auditorio Vilagarcía
02 Novembro Lugo I Torneo Muralla de Lugo (*) Recinto Feiral Lugo
08 Novembro Valga II Concello de Valga Pavillón Deportes Concello Valga

(*) SUSPENDIDO o torneo de Lugo do vindeiro día 2 de novembro, por causas maiores do organizador que impiden a súa celebración. Polo tanto, e segundo as bases do circuíto escolar, o número mínimo de torneos en que hai que participar para acceder á clasificación final é de seis (6).

REGULAMENTO

Categorías:

- Cadetes        (nados nos anos 1993-1992)
- Infantís         (nados nos anos 1995-1994)
- Alevíns          (nados nos anos 1997-1996)
- Benxamíns    (nados nos anos 1998 e posteriores)

* No caso de haber poucos participantes nalgunha categoría a organización de cada torneo pode unificar dúas, contabilizándose os puntos obtidos polos xogadores na súa respectiva.

Roldas:

Cada categoría disputará seis roldas en cada torneo. No caso de que por mor dunha elevada inscrición tivésese que disputar máis roldas aplicarase o seguinte corrector aos puntos obtidos: puntos x 6 / número de roldas

Puntuación Final:

Será obrigatorio participar e finalizar a metade máis un dos torneos do calendario definitivo para a optar á clasificación final. O mínimo de participacións obrigatorias redondearase á alza no caso que o número de torneos sexa impar. A puntuación final será a suma deste mínimo de torneos.

Puntúan as sete mellores clasificacións da totalidade dos torneos disputados.

Desempates:

- Suma da totalidade dos puntos obtidos en cada torneo finalizado.
- Máis participacións en torneos.
- Máis primeiros postos, segundos, terceiros....

Premios:

A Federación Galega agasallará aos cinco primeiros de cada categoría do Circuito e a primeira muller clasificada. O campión de cada categoría tería os gastos pagos por conta de Fegaxa no seguinte Campionato de España de Idades.

Bases:

A Organización do Circuito ten a potestad de variar o calendario ou o regulamento, ou decidir sobre calquer problemática que surxa, coa única obriga de pubricar neste medio as súas decisións.


Organiza:

Federación Galega de Xadrez