Pablo López Varela imponse no XIII Torneo Cidade de Lugo

A Escola Luguesa de Xadrez, a Asociación Cultural Xaquedrum, coa colaboración do Concello de Lugo, o grupo O Progreso e Polbeira Catro Rúas organizaron o XIII Torneo Cidade de Lugo.

O torneo levouse a cabo desde o 18 ao 19 de Decembro no Parque Infantil de Tráfico López Mella da Concellería de Educación. Cada xogador disputou cinco roldas e dispuxo de 60 minutos máis un incremento de trinta segundos por xogada.
O torneo era válido para clasificación internacional e participaron 22 xogadores. Gran resultado dos xogadores da Escola Luguesa que lograron dúas dos tres primeiros postos.
Pablo López Varela que era o número uno na clasificación, logrou impoñerse gañando todas as partidas e demostrando un gran nivel ajedrecístico. Con este gran resultado sobe máis de 50 puntos de elo internacional e por primeira vez excede a barreira de 2200 puntos de elo e logrando o título de Mestre Candidato.
De segundo quedou David Pérez Carballo que logrou catro puntos e perdeu só unha partida, realizou un gran torneo e estivo durante todo o torneo nos primeiros postos da clasificación. No terceiro posto estivo o Coruñés José Otero que se repuxo moi ben dun empate non esperado na primeira rolda.
Clasificación Info64
1 Lopez Varela, Pablo ESP 5,0
2 Perez Carballo, David ESP 4,0
3 Fernandez Otero, Jose ESP 3,5
4 Lopez Lopez, Alfredo ESP 3,5
5 Garcia Millan, Daniel ESP 3,0
6 Oubina Pazos, Ricardo ESP 3,0
Pablo Castro. Xaquedrum

Deja un comentario